Sobre a Revista
Baixo a dirección dos profesores Pere Ferré da Ponte e María Jesús Botana Vilar, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Algarve inaugurou, no ano 2017, a Colección Textos e Estudos, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Destinada a divulgar, tanto en Portugal como no estranxeiro, temas e obras fundamentais da cultura galega, o obxectivo principal desta colección de monografías é reforzar a presenza cultural de Galicia tanto entre os académicos como entre o público xeral. Deste modo, estas obras e as vindeiras tentarán complementar áreas como a literatura, a historia, as artes visuais, o pensamento… nunha palabra, todo canto poida revelar, a través de textos do pasado ou do presente, a cultura de Galicia.
Equipo editorial
- Directores: Pere Ferré e María Jesús Botana Vilar
- Secretariado científico: Claudia Mariño Gómez
- Maquetaxe e deseño editorial: Juan Manuel Escribano Loza