Número Atual
n. 4 (2021): Transcendencia e cidadanía. Estudo mitocrítico dos relatos de X.L. Méndez Ferrín, de María Carreira López
Transcendencia e cidadanía. Estudo mitocrítico dos relatos de X. L. Méndez Ferrín, da autoría de María Carreira López, constitúe unha análise dos eixes semánticos profundos que alentan os relatos ferrinianos e que irradian sobre toda a súa obra. Mediante o método mitocrítico, concibido por Gilbert Durand, detéctanse na produción ferriniana varias veas míticas que conflúen en dous filóns ateigados de significado.
Publicado:
2023-07-03