n. 2 (2018): O léxico do sufrimento nas Cantigas de Santa María. Campos sémicos e campos léxicos, de Mª Jesús Botana Vilar

Este segundo volume, da autoría da profesora María Jesús Botana Vilar, está dedicado aos campos léxicos e sémicos do sofremento nas Cantigas de Santa María.

Partindo dunha abordaxe filolóxica-literaria, e multidisciplinar, e da idea da existencia dun léxico amoroso na lírica medieval de ámbito románico, a profesora Botana Vilar analiza o léxico afectivo na opera magna do Rei Sabio, en particular a súa permeabilización e adaptación nas cantigas de loor, e deita nova luz sobre unha das obras máis relevantes da nosa lírica medieval.

Descargar

Publicado: 2023-07-03