n. 3 (2020): A escritura que ilumina. O legado epistolar de José Mejuto Bernárdez (Preso antifranquista, 1936-1939), de Xesús Alonso Montero, Olivia Rodríguez González e Ana Paula Mejuto Soba

O terceiro volume da colección ten como protagonista o preso antifranquista José Mejuto Bernárdez, cuxo legado epistolar nos permite saír do silencio colectivo e dignificar a memoria de todo un país.

Ao longo do monográfico, os autores, Alonso Montero, Olivia Rodríguez González e Ana Paula Mejuto Soba, realizan un estudo das 36 cartas que José Mejuto Bernárdez lle escribiu á familia nos primeiros meses da Guerra Civil. Esta obra permítenos achegarnos non só ás vivencias do seu protagonista, senón tamén á realidade dos milleiros de presos republicanos que, coma el, encontraron a morte nos cárceres franquistas.

Descargar

Publicado: 2023-07-03